Premios Kyoto

Os Premios Kyoto (京都賞?) son unha serie de premios que se conceden dende 1984 no Xapón, grazas á Fundación Inamori, en recoñecemento aos traballos nas áreas da filosofía, as artes, as ciencias e a tecnoloxía. Os premios non só se entregan aos mellores expoñentes de cada área senón tamén aos que contribuíron á humanidade co seu labor. Este premio é o equivalente xaponés dos Premios Nobel.

Os premios entréganse no campo de avances tecnolóxicos, ciencias básicas, artes e filosofía. En cada unha das categorías, o premio rota cubrindo distintas ramas da área principal.

A fundación foi creada polo millonario xaponés Kazuo Inamori, industrial de cerámicas. O premio está dotado con 50 millóns de iens e produtos da marca Kyocera. O premio está gañando prestixio pois cobre áreas que non son recoñecidas polo premio Nobel.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search